Software libre, datos que se poden comprobar e intelixencia artificial aplicada
Constrúo sistemas que analizan información pública —normativa, censos, mercados, arquivos históricos— e a converten en algo utilizable. Todo é software libre e todas as fontes están declaradas.
Non traballo con caixas negras. Cada proxecto desta páxina publica de onde saen os datos, que fai o sistema con eles e que non é capaz de facer. Cando un modelo non alcanza a fiabilidade que se lle pedía, dise na propia ficha en lugar de agochalo.
Estes proxectos son o meu portafolio. Están despregados e funcionando, non son cadernos de Jupyter: teñen contedores, proxy inverso, copias verificadas e actualización automática de dependencias. Vense enteiros, incluído o código.
Busco incorporarme a un equipo en enxeñaría de datos, IA aplicada ou plataforma. Máis detalle en sobre min.
Proxectos destacados
-
SupplyWatch
En desenvolvemento — sen capacidade preditiva demostrada
Sistema de investigación sobre risco en cadeas de subministración: reúne indicadores económicos e eventos xeopolíticos e mide se serven para anticipar rupturas.
- FastAPI
- PostgreSQL
- pgvector
- Grafana
- Prometheus
- n8n
- Renovate
-
VixíaNormativa
En desenvolvemento
Vixilancia automática do BOE e do DOG para servizos sociais municipais: detecta o que afecta a un concello e resúmeo en galego e castelán, sen que os datos saian da infraestrutura propia.
- FastAPI
- PostgreSQL
- pgvector
- Ollama
- n8n
- LLM en CPU
-
Atlas sociodemográfico de Xunqueira de Ambía
Publicado
Análise territorial e demográfica do concello ourensán, publicada como mapa interactivo e ficha municipal en HTML estático.
- Python
- GeoPandas
- Folium
- Leaflet
- HTML estático
-
BitácorIA
Funcionando
Recomendador literario conversacional que prioriza a diversidade editorial: editoriais independentes e selos pequenos por diante dos grandes distribuidores.
- LangGraph
- Gradio
- PostgreSQL
- Axentes
- MCP
-
Contos infantís
Funcionando
Xerador de contos para nenas e nenos de 0 a 6 anos, con texto, audio narrado e ilustracións, orientado a apoiar a lectura acompañada.
- Gradio
- Axentes
- TTS
- SQLite
-
Xemelgo Dixital Profesional
Funcionando
Un xemelgo dixital da miña vida profesional: responde preguntas sobre a miña traxectoria a partir do currículo real e do rexistro de formación.
- Gradio
- Axentes
- RAG